Contido coa etiqueta .
Agora Repúblicas

Ana Miranda: "Estaremos cinco anos traballando por Galicia como estivemos sempre"
12/06/2024 10:39
A europarlamentaria electa asegura na Radio Galega que o Bloque terá plena actividade política malia o escano rotatorio compartido con ERC
Explica que nos próximos días se establecerá a repartición do tempo

Ana Miranda pide a confianza dos galegos para que collan a papeleta de Agora Repúblicas
07/06/2024 20:04
Asegurou a candidata que será a voz galega en Europa e que defenderá as causas xustas da humanidade
No peche de campaña, a voceira nacional, Ana Pontón, pediu unha mobilización masiva dos que levan a Galicia no corazón

Ana Miranda defende o seu traballo en Europa
07/06/2024 14:10
A candidata asegura que deu voz no Parlamento Europeo aos problemas galegos
Pontón destaca que o BNG está no seu mellor momento

Ana Miranda defende a ruptura das relacións con Israel
06/06/2024 20:04
Asegura que loitarán contra o militarismo e apostarán pola vía diplomática para resolver os conflictos
Pontón insiste en que a papeleta do BNG é a que defende Galicia e a paz en Europa

Miranda pide unir o voto nacionalista e inconformista na papeleta do BNG-Agora Repúblicas
06/06/2024 14:28
A candidata chamou á mobilización o domingo
Miranda recibiu o apoio de Beiras no mitin da Coruña

Ana Miranda pide unha mobilización masiva o domingo
05/06/2024 14:28
Insiste en que son unha candidatura 100 % galega que defenderá os intereses do país
Pontón di que na papeleta do BNG collen todos os galegos e galegas que levan Galicia na cabeza e no corazón

Miranda defende unha transición enerxética xusta
04/06/2024 21:04
A candidata do BNG-Agora Repúblicas reclama que os fondos europeos garantan que as empresas queden no territorio
Pide tamén Ana Miranda que esas achegas de Bruxelas cheguen ás pemes

Ana Miranda aposta por adaptar a PAC ás necesidades do agro galego
04/06/2024 14:28
A candidata do BNG-Agora Repúblicas reclama unha repartición xusta de axudas ao rural que non penalice Galicia
Pontón pide a mobilización da militancia o vindeiro domingo

Entrevista con Ana Miranda (BNG-Agora Repúblicas)
04/06/2024 10:00

Ana Miranda reclama que Galicia teña voz e voto nas decisións sobre a pesca en Bruxelas
03/06/2024 20:33
Ana Pontón destaca a necesidade de revisar os acordos pesqueiros para acabar coa competencia desleal de terceiros países
O BNG presentou as súas propostas para o sector en Celeiro

Ana Miranda reclama mellores conexións ferroviarias para a provincia de Lugo
03/06/2024 14:18
A candidata do BNG-Agora Repúblicas asegura que a provincia necesita participar na rede de transportes de mercadorías e pasaxeiros
Miranda insistiu na necesidade de cambiar a PAC e defender os sectores produtivos galegos

Ana Miranda reclama unha AP9 libre de peaxes
02/06/2024 20:55
A candidata do BNG-Agora Repúblicas Insiste na necesidade de estar presente na Comisión de Transporte do Parlamento Europeo
Ana Pontón asegura que non aceptarán discriminacións con respecto a outras comunidades autónomas

A defensa do medio ambiente, unha prioridade para o BNG
02/06/2024 15:20
A candidata Ana Miranda reitera que velará polos sectores agrario e marisqueiro no Parlamento Europeo
Ana Pontón pide o voto para o BNG porque "é a única voz" que vai defender Galicia en Europa

Ana Miranda insiste en que só obedece aos problemas de Galicia
01/06/2024 21:20
A candidata do BNG-Agora Repúblicas comprométese a defender no Parlamento Europeo os intereses dos galegos e das galegas
Destacou a importancia das próximas elección europeas e a necesidade de mobilizar o electorado

Miranda defende que Galicia teña selección nacional en todas as disciplinas deportivas
01/06/2024 14:33
A candidata do BNG-Agora Repúblicas acudiu apoiar a Irmandiña
Ana Pontón reclamou que podan competir con normalidade dentro e fóra de Galicia

Ana Miranda reclama maior protección para os traballadores transfronteirizos
31/05/2024 22:20
A candidata do BNG-Agora Repúblicas apostou por incrementar os fondos europeos que chegan á eurorrexión
Pontón destacou a necesidade de mellorar as infraestruturas e a conexión con Portugal

Ana Miranda pon en valor o emprego dos fondos europeos que fixo Pontevedra
31/05/2024 14:33
Anunciou que lanzarán o estatuto dos artistas e creadores para garantir uns ingresos mínimos
A candidata do BNG-Agora Repúblicas destacou a súa loita polo saneamento das rías galegas

Ana Miranda fai un chamamento ao apoio masivo á súa candidatura
30/05/2024 15:08
Destaca que a papeleta do BNG-Agora Repúblicas é unha aposta pola dignidade dos traballadores galegos
Pontón pon en valor o traballo feito estes anos por Miranda no Parlamento Europeo

Ana Miranda aposta por promover un plan de vivenda no Parlamento Europeo
29/05/2024 20:55
Miranda puxo como exemplo o modelo de xestión de Pontevedra
A candidata do BNG-Agora Repúblicas reuniuse en Vigo con diferentes colectivos sociais para trasladarlles as súas propostas

Miranda di que defenderá en Bruxelas os sectores pesqueiro e vitivinícola
29/05/2024 14:33
A candidata do BNG-Agora Repúblicas destaca a importancia destas eleccións para Galicia
Asegura que vai ser unha voz firme en Bruxelas

O BNG lembra o apoio prestado a diferentes colectivos en Europa
28/05/2024 21:24
A formación nacionalista acompañou os afectados polas preferentes ou as vítimas do Alvia
Axudounos a trasladar as súas reivindicacións en Bruxelas

28/05/2024 14:58
Defende unha distribución máis xusta das axudas para gandeiros e agricultores
Ana Miranda denuncia que son as grandes explotacións as que saen beneficiadas da repartición de fondos

Ana Miranda garante a defensa dos intereses galegos en Bruxelas
27/05/2024 14:34
No debate da CRTVG, a candidata do BNG apunta que a Unión Europea non beneficiou a Galicia porque non tivo en conta os sectores produtivos
Ana Miranda aposta por unha Europa dos pobos que non penalice as clases traballadoras

Debate na CRTVG: Eleccións ao Parlamento Europeo 2024
26/05/2024 18:00
Interveñen Nicolás González (PSOE); Francisco Millán Mon (PP); Ana Miranda (Agora Repúblicas); Juan Díaz Villoslada (Sumar) e Javier Nart (Ciudadanos)

O BNG recorda a importancia da ter "voz propia" para defender os galegos en Bruxelas
24/05/2024 15:40
Ana Miranda que repite como candidata e que concorre baixo a candidatura Agora Repúblicas destacou a importancia do traballo feito en sectores clave como o pesqueiro
Ana Pontón apelou a unha "gran mobilización" para reforzar "o escano galego" do Parlamento Europeo